Wordpress Themes

Archive for Decembro, 2011

(…) Ao rematar a guerra

(…) Ao rematar a guerra levantaron parte das fortificacións defensivas que ocuparan a zona, e aínda que un destacamento ficou en prevención de que fracasasen as negociacións de paz, todas as persoas da vila sabían que tiña o tempo contado. Ao cabo dun ano, a dotación militar da fronteira foi definitivamente mobilizada cara a outros puntos do país. A xente da vila saíu a despedilos con panos brancos e bágoas nos ollos. Choraba a xente moza, que vía marchar ás parellas que atoparan entre a xente do exército, choraban os comerciantes, que xa non poderían abastecer a toda a lexión de militares, choraban os belicistas, ao ver como o o orgullo do país deixaba a vila soa e desprotexida. Choraban máis persoas, sen saber moi ben por que, arrastradas pola emoción da partida. A mesma vila que no inicio da guerra recibira ás forzas militares con pedras e bandeiras de paz, víaos agora marchar co corazón oprimido. (…)

A confianza